Saturday 27 de April de 2024

Preto dun cento de persoas acudiron ao concerto do profesorado da Aula de Música de Oroso


Preto dun cento de persoas acudiron o pasado venres ao primeiro concerto do profesorado da Aula de Música de Oroso, que se desenvolveu no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. A cita contou coa presenza do alcalde orosán, Manuel Mirás, e dos concelleiros de Cultura, Antonio Leira; Deportes, Luís Rey; e Obras, Eduardo Veiras.

Os asistentes gozaron dunha sesión musical na que se tocaron pezas de jazz clásico, moderno e latino. Os organizadores amosáronse moi satisfeitos pola boa acollida desta primeira actuación protagonizada polos profesores da Aula de Música de Oroso, xa que ata o de agora os mestres tan só actuaran acompañando aos pequenos ou como artistas convidados en actos como a inauguración do certame internacional GóisOrosoArtes.